Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Saber máis - Aceptar.

ACES GALICIA

 

ACES-GALICIA (Asociación de Centros de Ensino de Economía Social de Galicia), nace como entidade sen ánimo de lucro no ano 1998 co obxectivo de actuar como representante patronal do sector do Ensino de Economía Social diante da Administración, notoriamente nas Mesas de Recolocación do Profesorado, participando tamén dende entón na sinatura dos diversos acordos acadados entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Sindicatos e Patronais en materia de mantemento do emprego, incrementos retributivos e dos gastos de funcionamento dos centros concertados, equipos docentes ou aboamento da paga extraordinaria por antigüidade na empresa.

ACES-GALICIA agrupa a empresas educativas ou centros pertencentes a cooperativas de calquera clase, sociedades anónimas laborais, sociedades de responsabilidade limitada laboral, mutualidades, asociacións de país, fundacións ou calquera outra entidade pertencente á Economía Social, que desenvolva a súa actividade docente na Comunidade Autónoma de Galicia. Na actualidade está constituída por 30 centros de ensino, repartidos por todo o pais galego.

No ano 2004 ACES-GALICIA participou como socia fundadora, xunto con ACES-ANDALUCÍA, na constitución de FEACES (Federación Española de Centros de Enseñanza de Economía Social), entidade de ámbito estatal que ten como fin a representación dos seus afiliados nas negociacións dos pactos, acordos e convenios colectivos que a nivel nacional teñan repercusión para o sector do ensino.

 

Os obxectivos sociais de ACES-GALICIA son os seguintes:

 

  • Defensa dos intereses económicos, sociais e institucionais dos seus asociados.
  • Negociación de pactos, acordos e convenios colectivos, de conformidade coa lexislación vixente.
  • Representación dos empresarios integrados na Asociación, en canto tales, e nas relacións de conflito laboral colectivo e individual.
  • Representación institucional nas institucións de ámbito estatal, autonómico e da Unión Europea. Información, asesoramento, formación, realización de estudios e cantos medios sexan necesarios para facilitar ou mellora-lo funcionamento dos centros.
  • O desenvolvemento económico de Galicia con actitudes e formulacións solidarias e sociais