ACES-GALICIA (Asociación de Centros de Ensino de Economía Social de Galicia), nace como entidade sen ánimo de lucro no ano 1998 co obxectivo de actuar como representante patronal do sector do Ensino e a Economía Social diante da Administración, notoriamente na Comisión Tripartita do Ensino Concertado de Galicia, participando tamén dende entón na sinatura dos diversos acordos acadados entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Sindicatos e Patronais en materia de mantemento do emprego, incrementos retributivos e dos gastos de funcionamento dos centros concertados, equipos docentes ou aboamento da paga extraordinaria por antigüidade na empresa.